jueves, 10 de julio de 2008

G-8

Outra cumbre mais, outra vez os señores mandatarios mundiales reunense pra falar, comer ben, plantar unha arbore e volver ás suas casas cun amplo sorriso sabendo que o paripé funcionou

Unha reunión cada ano non supón moito sacrificio si saben que a opinión pública se poñera do seu lado ó ver o atentos e implicados que están con este mundo

sen embargo, mañá ou pasado ou cando acabe esta maldita cumbre todo seguirá igual, os miles de nenos que morren ó dia seguirán morrendo, e os que consigan sobrevivir terán que loitar por alimentarse e poder beber auga potable, e nos, coma sempre seguiremos xogando á play, drogandonos os fines de semana (os que se droguen) e falando do coche que nos vamos mercar previa firma dun credito cunhas condicions inmellorables

O unico que se salva de toda esta mascarada é a xente que se move pra plantarlles cara, arriesgando a sua integridade fisica frente a monos uniformados que non teñen o menor reparo e romperlles a cara, deixalos malferidos ou matalos directamente como ó compañeiro Carlo Giuliani... vanse cumplir o dia 20 deste mes 7 anos da morte deste activista libertario, e ainda lembro como con estupor veia pola television a sua morte a mans dun policia italiano, lembrome que chorei de rabia, porque vin que estabamos indefensos, que nada nos protexia... creo que aquel dia madurei un pouco, e estreleime contra ese muro chamado realidade

ainda non se fixo xustiza, e agora, tristemente, xa nunca se fará

Saude compañeiro, moitos de nos collimos o teu relevo, espero que estés onde estés, sepas que houbo moita xente que derramou unha bagoa por ti...